Os alumnos e alumnas de Educación Infantil do CEIP Humberto Juanes visitaron a Feira dos Sentidos, organizada polos seus compañeiros e compañeiras de 6º de Educación Primaria. Esta feira supón unha presentación do proxecto levado a cabo polos alumnos e alumnas do último curso de Primaria no que levan inmersos un mes. Durante este tempo traballaron na aula os órganos dos sentidos e o sistema nervioso, a área de Ciencias Naturais serviu para estudar o modo no que o noso organismo recibe a información do exterior, como traslada esa información ao sistema nervioso e como este, despois de analizala, elabora unha resposta axeitada para que sexa executada polos órganos efectores.
Trátase dun traballo competencial no que os alumnos e alumnas tiveron que poñer en práctica o aprendido na aula e aplicalo na elaboración dun produto final, un aparello ou obxecto que estimulase algún dos sentidos traballados. O conxunto de todos eles foron presentados nunha exposición organizada na Biblioteca do centro e montada na súa totalidade polo alumnado de 6º, onde os máis pequenos puideron pasar polas diferentes estacións, unha dedicada a cada sentido, xogar e divertirse empregando a vista, o olfacto, o tacto, o oído e o gusto.
“Sentímonos moi orgullosos do noso traballo, gozamos moito vendo como os nenos de Infantil divertíanse cos aparellos que elaboraramos”, dicían os alumnos e alumnas de 6° ao finalizar a exposición.




