Sin categoría

Baiona, punto de recollida da campaña “Os maiores tamén cren nos Reis Magos”

Nun xesto de solidariedade e agarimo, Dolores Graña Garvi inicia unha campaña de recollida de agasallos destinados ás persoas maiores que residen en centros de Vigo e Tui. Esta iniciativa, baixo o lema “Os maiores tamén cren nos Reis Magos”, ten como obxectivo permitir que as persoas maiores gocen plenamente da maxia do Nadal. Máis aló dos agasallos materiais, busca mitigar a soidade que a miúdo afecta a anciáns durante esta tempada.

Como axudar?

Por unha banda, están as doazóns, as que máis agradecen son de tipo utilitario como maquinillas de afeitar, desodorizantes, colonias, xabón, cremas, reloxos, bufandas, gorros, calcetíns, bonecas, peluches, maquillaxes, pinta unllas, disfraces e roupa en bo estado. Doutra banda, voluntariado de calquera tipo como axudar a envolver e trasladar agasallos, axudar a amenizar o día das entregas ou doando papel de agasallo.

Os puntos de recollida habilitados son: Farmacia de Lourdes (Pi y Margall 92), O Curruncho Dos Titos (Torrecedeira 46), Agencia Cuarto Piso, MK Dixital (Torrecedeira 55, Of. 1) e Óptica Baiona (Carabela Pinta 12, Baiona). As entregas de agasallos faraas o propio Papa Noel e os Reis Magos os días 21, 22 e 23 de decembro na residencia Santa Marta, residencia Moledo e Bo día de Vigo e o 5 de xaneiro en San Telmo, Tui.