Gondomar ofrece unha excursión a Perlim, parque temático de Nadal

O Concello de Gondomar organiza o próximo venres 29 de decembro unha excursión a Perlim, parque temático de Nadal en Santa María da Feira, Portugal. A saída será ás 12:00 horas desde a Estación de Autobuses de Gondomar, con regreso ás 19:00 horas.

Os prezos son de 20 euros para os adultos e de 10 euros para os nenos e nenas (a partir de 3 anos), cun máximo de 2 nenos por adulto. O prezo inclúe autobús e entrada ao parque. As prazas son limitadas, polo que serán atendidas por estrita orde de chegada.

Os menores deben ir acompañados do seu pai ou nai ou titor legal. No caso de ser acompañados por outra persoa deberán achegar a correspondente autorización. O prazo de inscrición será dende o martes 19 ata o mércores 27 de decembro. O número de prazas dispoñibles é de 55.

A inscrición deberá realizarse a través do rexistro do Concello, presencial ou electrónicamente, cubrindo os impresos que estarán dispoñibles para a súa descarga a partir do luns 18 de decembro na web municipal.