Con motivo da celebración da XIV Ruta Motera de Papanoeles este domingo 17 de decembro, permanecerán pechadas ao tráfico e o aparcamento non estará permitido de 13:00 a 23:00 horas nas rúas San Bieito, Manuel Losada, Manuel Alonso e Párroco Carlos Fernández, así como nos aparcadoiros da Praza de San Bieito e do Cemiterio.
Os residentes poderán acceder aos seus garaxes ata as 14:30 horas, de 17:00 a 18:00 horas e ao rematar a concentración entorno ás 21:30 horas. A entrada á gasolineira permanecerá aberta de forma permanente pola rúa San Bieito. O Concello de Gondomar agradece de antemán a colaboración veciñal.

