A Concelleira de Igualdade, Sheila González Martíns, e a Directora do Centro Municipal de Información á Muller, Elena Otero Rodríguez, achegáronse ata o Multiusos Ángel Bedriñana para entregar os diplomas ás mulleres participantes no programa “Capacitadas”, unha iniciativa destinada a activar o emprego entre as mulleres do municipio, realizada a través do Centro de Información á Muller. Tratouse dunha acción formativa gratuíta para que as mulleres baionesas prepárense para traballar en atención ao público, un perfil bastante solicitado na localidade e na comarca.
O programa desenvolveuse en forma de itinerario formativo cun total de 150 horas, incluíndo obradoiros de sensibilización en igualdade e empoderamento para o emprego con perspectiva de xénero, ata prácticas formativas non laborais en empresas, pasando pola formación teórica práctica que inclúe formación de inglés básico. O programa vai dirixido a mulleres desempregadas ou en mellora de emprego. O programa comprendeu as seguintes fases: formación teórica en atención ao público (35 horas), inglés básico (20 horas), sesións de apoderamento para o emprego con perspectiva de xénero (15 horas) e prácticas formativas non laborais en empresas (80 horas).
O Concello de Baiona quere mostrar o seu agradecemento ás empresas que colaboraron activamente para que as mulleres participantes puideran desenvolver a parte práctica deste programa, entre as que se atopan: Los Tejanos Baiona, Kopena, Clínica Podología Baidepé, Eroski, Carrefour, Dorna Sport, Albergue-Hostelería Pazo de Pías e Sprinter Nigrán. O programa “Capacitadas” está subvencionado pola Deputación de Pontevedra no marco das axudas dirixidas a concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero.

