Sin categoría

Papá Noel visita Gondomar

Papá Noel e os seus axudantes chegarán a Gondomar este sábado 16 de decembro. Ás 17:00 horas farán un percorrido polas rúas de Gondomar, para despois, a partir das 18:00 horas e ata as 20:30 horas, recibir ás nenas e nenos de Gondomar na súa casa situada na planta baixa da Casa da Cultura. O domingo 17, de 17:30 a 20:30 horas, volverá estar na súa casa para recibir as cartas coas peticións dos pequenos (e non tan pequenos). Papá Noel e o seu séquito volverán visitar a súa casa en Gondomar o sábado 23 de 17:00 a 20:30 horas. Organiza o Concello de Gondomar en colaboración coa Asociación O Millor de Cada Casa e a Asociación Cultural San Vicente de Mañufe.