Sin categoría

Nigrán ofrece este Nadal catro obradoiros de pintura interxeneracionais

O Concello de Nigrán ofrece un Nadal máis actividades interxeneracionais dirixidas a que maiores e cativos compartan o seu tempo de lecer e aprendan conxuntamente. Nesta ocasión, o Concello ofrece catro obradoiros gratuítos de pintura dirixidos pola pintora e ilustradora Laine Villero que se celebrarán os días 26, 27, 28 e 29 de decembro de 10:00 a 12:00 horas no Local Social de Vilaméan para un máximo de 16 persoas cada día.

Os interesados en participar deben inscribirse previamente no 649182287 indicando o día elixido e o nome dos integrantes que se apuntan (o único requirimento é que sexa mínimo unha persoa maior, xubilada, con un ou varios cativos ao seu cargo). Durante dúas horas cada un dos grupos inscritos pintará conxuntamente o seu propio lenzo e se lles ofrecerá un petisco, todo de xeito gratuíto.

“Así entendemos en Nigrán que debe ser o espírito do Nadal: compartir o noso tempo, as nosas emocións e aprender uns de outros sen importar a idade”, considera o alcalde, Juan González, quen engade que esta actividade “é a ideal para que avós e netos compartan un día de vacacións”.