Sin categoría

Lucenza conmemora cunha conferencia os 75 anos da Declaración Universal de Dereitos Humanos

Lucenza – Ateneo de Nigrán organiza este venres 15 de decembro ás 20:00 horas, na vella estación do tranvía da Ramallosa, unha conferencia titulada “Percorrido histórico dos dereitos humanos. Olladas desde Galiza”, que será impartida polo profesor de filosofía e historiador Xoán Carlos Garrido Couceiro.

O Ateneo de Nigrán conmemora con este acto o 75 aniversario da proclamación da Declaración Universal de Dereitos Humanos, que tivo lugar en París o 10 de decembro de 1948. Reivindícase así a importancia deste acontecemento, como un fito histórico transcendental que forma parte dun longo proceso de conquistas en dereitos humanos e civís nos distintos países do mundo, así como das aspiracións do conxunto da humanidade para construír sociedades máis xustas e igualitarias.

O conferenciante será presentado polo presidente de Lucenza, Xabier Méndez Martínez.