Sin categoría

Festa de Nadal no CPI Arquitecto Palacios de Panxón

O próximo sábado, día 16 de decembro, celebrarase desde as 12:00 e ata as 18:00 horas unha Festa de Nadal no CPI Arquitecto Palacios de Panxón. Os alumnos de 5º de Primaria organizan a cantina para recadar fondos para o seu intercambio con Manchester. Ademais, haberá mercadiño, recollida de produtos para as protectoras de animais Bai.senpulgas e Proyecto Gato (latiñas de comida húmida, area, bolsas de lixo, xabón para fregar o chan…), sorteo de agasallos e obradoiro de manualidades de Nadal de 12:30 a 13:30 e de 15:30 a 16:30 horas. Non faltará Papa Noel, que estará a partires das 16:30 horas. O evento estará organizado polas ANPAS do CPI Arquitecto Palacios e do EEI As Dunas.