Os facultativos especialistas de Uroloxía do Álvaro Cunqueiro, Sabela López García, Sheila Almuster Domínguez e Miguel Perez Schoch obtiveron a certificación de Fellow of European Board of Urology, tras realizar o último exame na cidade europea de Leuven (Bélxica). O European Board of Urology é unha certificación de calidade que garante que os aspirantes teñan cumprido cos requisitos educativos, prácticos e de revisión establecidos pola sección de Uroloxía da Unión Europea de Médicos Especialistas. É dicir, permite acreditar que os coñecementos do aspirante acadan o estándar europeo. En definitiva, trátase dun prestixioso recoñecemento a nivel europeo, que certifica a adecuada formación que reciben os urólogos en Europa e un selo de calidade para os profesionais que a conseguen.
Dous exames
A certificación do Board Europeo de Urología obtense tras superar dous exames, un escrito e outro oral, que pódense realizar en varios idiomas. O obxectivo do exame escrito é validar se o aspirante conta cos niveis requiridos de coñecementos sobre todos os temas urolóxicos actuais; e o exame oral avalía casos clínicos aos que poden enfrontarse os urólogos no seu día a día, tendo como referencia as guías clínicas da Asociación Europea de Urología. Estas probas son obrigatorias para exercer a especialidade nalgúns países de Europa, aínda que en España non.

