A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este luns unha xuntanza de traballo co alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, dentro das reunións previstas con todos os rexedores da área. Ana Ortiz e Francisco Ferreira abordaron a colaboración permanente que xa se presta desde a Administración autonómica para atender as necesidades do municipio.
A delegada territorial xa mantivo anteriormente encontros cos máximos responsables municipais de Baiona, Cangas, Moaña, Mos, O Porriño, Salvaterra de Miño, Nigrán, Vigo, Redondela e Soutomaior despois de dirixirse por carta a todos os alcaldes da área territorial para poñer en común as súas axendas e fixar o antes posible unha xuntanza de traballo.

