O vindeiro mércores 6 de decembro, o equipo Prado Competición xunto á súa comunidade do motor Ferro a Fondo Racing Group, celebrará no parque comercial Nasas Nigrán un evento do motor solidario. O equipo volve mostrar a súa outra cara, aínda que no principio do ano mostrábannos a máis empática e inclusiva, apoiando aos colectivos neurodiverxentes, esta vez toca a máis solidaria. Durante os últimos meses levan traballado neste evento, pensando nos máis desfavorecidos. Neste caso, apostan por axudar a 25 familias de Nigrán, con menores, en situación de vulnerabilidade. Pensando nas próximas datas tan entrañables para uns, pero tan tristes para outros, loitan por cambiar ese destino, polo menos por un día, e que todas esas familias teñan un menú completo para as datas e os seus menores un xoguete baixo a súa árbore. Polo que o vindeiro mércores terán un evento do motor moi completo, shows de moto, quad, minimotos, pallaso, mago e música acompañarán durante todo o día o ruxir dos motores.
Na zona de kdd, aparcadoiro do Eroski e Leroy Merlín, celebraranse diferentes concursos entre os asistentes, tales como ver que escape diesel ou gasolina fai máis ruído, cal é o coche ou a moto que vén mellor decorada, ou o clásico que sexa máis do Nadal. Acompañado de sorteos cada hora, grandes agasallos achegados polos seus patrocinadores, e como colofón final, concerto na Planta 1, farán dun día festivo algo inesquecible. Abrirán as súas portas dous estilos de bailes, a primeira hora estará amenizada por unha demostración de danza a cargo da escola de danza L’Danzia. Posteriormente, Elena Castro lifestyle dará unha máster class gratuíta de Zumba para todos aqueles asistentes que queiran participar. Nomes como Pablo Dolce Vita, Dúo Copa Rota ou o cantante de actualidade Nêon poñerán o ritmo durante todo o día. O pallaso Peter Punk, moi querido na zona, e o gran mago Golden Magic (finalista do programa Pequestrelas), farán que os peques pasen unha tarde entretida. Tamén terán obradoiro de panadería para indagar sobre unha arte e labor do día a día descoñecido para eles.
Show de moto a cargo de Pichustunt, stunt de quad co gran amigo do equipo, Josete Stunt, que esta vez fará un moi especial, acompañado do seu fillo de 7 anos Bryan, entretendo e facendo vibrar aos asistentes. Tamén o récord Guiness, Luca Terremoto, que con apenas 20 meses fora o primeiro neno máis pequeno en competir sobre unha minimoto, hoxe aos seus 6 anos segue espertando paixóns onde vai, mostrará todo o aprendido daquela ata hoxe. Un día completo da mañá á noite, con entrada gratuíta. Para o acceso á zona de kdd pedirase un donativo de alimentos non perecedoiros, de Nadal, produtos de hixiene ou xoguetes, para o resto dos asistentes a entrada é libre pero pídese colaboración, venderán rifas para os sorteos e co diñeiro recadado pagarán vales de comida fresca (carne e peixe) nos establecementos locais, peixaría Punto e Coma Panxón e carnicería El Cruce, onde as familias beneficiadas poderán completar o seu menú destas festas. Un pequeno apoio do que están seguros que alcanzarán o obxectivo para cubrir e farán que estas festas sexan especiais para todas as familias de Nigrán.
Unha vez máis, o equipo Prado Competición pensando en todos.
A programación do día será:
12.00h
- Apertura de portas.
12.30h
- Actuación L’Danzia.
13.00h
- Sorteo 1.
- Máster class zumba Elena lifestyle.
13.30-15.00
- Parada para comer.
15.00h
- Recepción de vehículos kdd.
- Inicio sesión dj. Pablo Dolce Vita.
16.00h
- Sorteo 2.
- Actuación Minimotos Luka Terremoto.
16.30h
- Inicio de obradoiro panadería (Planta Eroski).
- Actuación Golden Magic mago infantil (finalista programa Pequestrelas) (Planta 1)
17.00h
- Sorteo 3.
- Show Peter Punk pallaso (Planta 1).
17.30h
- Actuación show stunt moto, Pichustunt.
18.00h.
- Sorteo 4.
- Concursos escape gasolina e diésel.
- Revisión de coches decorados e deliberación xuíces.
19.00h
- Sorteo 5.
- Actuación show quad Josete Stunt e Fillo (6 anos).
19.30h
- Actuación Golden Magic adultos (Planta Eroski).
20.00h
- Acto de entrega de colleita ao banco de alimentos e roupeiro municipal.
- Actuación Nêon, artista revelación local (Vigo), reggaeton, hip hop e música urbana.
- Actuación dúo Copa Rota (Planta 1).
- Sorteo final.
21.00h
- Peche de portas (Planta Eroski).
23.00h
- Fin actuación dúo Copa Rota (Planta 1).
Rógase asistencia e participación con alimentos, estepa, produtos de hixiene ou xoguetes (novos ou en bo estado e na súa caixa) e compra de rifas.

