Sin categoría

A Federación Galega de Bolos celebra a súa gala anual en Mañufe

O vindeiro venres, día 8 de decembro, ás 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cultural de Mañufe, a Federación Galega de Bolos celebra a súa gala anual, na que se entregarán as distincións acadadas nos distintos campionatos polos clubs, xogadores e xogadoras durante a tempada 2023. Farase entrega dun total de 143 diplomas e 90 trofeos.

Tamén se fará entrega do Trofeo Ibérico a medios de comunicación, institucións e impulsores deste deporte. Dende a Federación invítase a este acto, ademais de os galardoados, os presidentes e simpatizantes dos clubs de bolo celta. Rematado o acto servirase un viño galego no local da cafetería do centro a todos os asistentes.

Dende a xunta directiva da Federación queren desexarlle unhas felices Festas de Nadal e un Ano Novo cheo de éxitos e prosperidade a toda a familia bolística dependente da Federación.