Dende a Comisión de Festas de Prado están “moi contentos” de ter de volta a campá da súa capela, que fora subtraída en agosto de 2021 polos amigos do alleo. E para celebrar esta volta terán unha gran comida o domingo día 3 de decembro, a partir das 13:30 horas, con lacón con grelos, pan, bebida, café e chupito, xa con aforo completo. A festa, que comezará ás 12:00 do mediodía, estará amenizada polo Grupo de Gaitas Asubío. Así mesmo, desde a Comisión de Festas queren agradecerlle aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e ao seu párroco, Jose Antonio Lago, “a súa gran labor para dar con ela”.
Prado celebra unha festa de benvida á campá da súa capela

