Alejandro Vaghetti Jou presentará o seu libro “Relativa Mente” na Biblioteca Municipal de Nigrán este sábado 2 de decembro ás 18:00 horas. Alejandro Vaghetti Jou naceu en Rosario (Arxentina) en 1966. É Licenciado en psicoloxía e reside en Galicia desde 1993. Traballa como psicólogo e psicanalista no ámbito da educación e a saúde mental. Publicou microrrelatos en diversas antoloxías e “Relativa Mente” é o seu primeiro libro.
“Relativa Mente” é un libro de relatos sorprendente. Está dividido en 7 partes con estilos e temáticas diferentes. Os seus textos están escritos en castelán, galego e inglés. O autor de “Relativa Mente” convida a paladexar o seu libro, advertindo que nos seus relatos atoparanse sabores amargos, outros ácidos e algúns uns pouco doces. Sen lugar a dúbida, todos cunha exquisitez única.
O sinal psicoanalítica do autor nalgúns dos relatos é clara e enfróntanos tamén co mundo do inconsciente, o onírico ou o imaxinario.

