As “regueifas”, un fermoso método para aprender galego e linguaxe non sexista e non homófoba, tamén forman parte da programación “Baiona Lila” para chegar á xuventude baionesa. Baixo o lema “Regueifas pola Igualdade” o IES Primeiro de Marzo acolleu o pasado xoves e acollerá este venres 24 esta actividade. Tamén o alumnado da ESO do CPI de Cova Terreña puido participar hoxe nesta novidosa actividade.
Regueifas pola Igualdade en Baiona

