Sin categoría

Nigrán abre a inscrición para un roteiro por Chandebrito

O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para participar este sábado 25 de novembro ás 10:00 horas nun roteiro por Chandebrito encadrado no programa municipal “Paseando Nigrán”. É gratuíto, de aforo limitado, e con inscrición previa na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas), no correo oficinaturismo@nigran.org indicando o nome completo e número de teléfono ou ben no 699859418. A duración aproximada é de dúas horas e a dificultade media-baixa, debendo acudir con roupa e calzado axeitados.