Sin categoría

Eroski e Autoservizos Familia, coa Gran Recollida de FESBAL

As insignias comerciais Eroski e Autoservizos Familia de Vegalsa-Eroski apoiarán por undécimo ano consecutivo a Gran Recollida de Alimentos da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL).

Farano desde a súa rede de tendas en Galicia, Asturias e Castela e León desde o próximo día 24 de novembro ata o 3 de decembro. Durante ese período, todos os clientes que o desexen poderán realizarán unha doazón económica ao seu paso por caixa. As doazóns físicas de produtos non perecedoiros concentraranse nas xornadas do 24 e 25 de novembro.

Unha vez concluída a campaña entregaranse as doazóns económicas e de produto que se realizaron en toda a rede comercial entre os nove Bancos das zonas que participan: Rías Altas (Coruña, Santiago e Ferrol), Vigo, Ourense, Lugo, Asturias, León, Palencia, Ponferrada e Zamora. Cada Banco poderá usar o diñeiro en función das súas necesidades ao longo de 2024.

“Desde Vegalsa-Eroski levamos xa máis dunha década colaborando de maneira ininterrompida con FESBAL. Cada ano poñemos a nosa rede comercial ao dispor desta causa solidaria para contribuír entre todos a construír unha sociedade máis xusta e solidaria”, comenta a directora de Sustentabilidade e Comunicación Corporativa da compañía, Gabriela González.

Ao total que se recade durante a Gran Recollida, a empresa sumará unha achega adicional, como se comprometeu no convenio asinado con FESBAL en 2017.