Comezan os traballos de reconstrución do muro da ex Colexiata de Baiona

Esta mañá deron comezo os traballos de reconstrución do muro en Camiño O Piñeiro, na contorna da Igrexa Parroquial de Baiona, a ex Colexiata de Santa María.

A actuación, financiada pola Deputación de Pontevedra, supón un investimento de 41.021,09 €. A subvención que achega a administración provincial cubrirá o 70% da mesma, mentres que o diñeiro restante poñerao o Concello con fondos propios.

As obras conlevan un prazo de execución de ao redor de 6 semanas e contempla a reconstrución do muro da ex Colexiata, derrubado parcialmente tras as fortes choivas de principios de ano. Mentres duren os traballos cortarase o paso ao Camiño Piñeiro.