Gondomar abre o prazo de solicitudes para participar no seu tradicional mercado de Nadal

O Concello de Gondomar abre o prazo para aqueles interesados na instalación dun posto de venda no seu tradicional mercado de Nadal, que este ano chega á súa cuarta edición. No 2022 foron 37 os postos que se instalaron, e nesta edición que se celebrará os días 16 e 17 de decembro, se espera superar esa cifra de participación.

As solicitudes deberán presentarse no rexistro do Concello, presencial ou telemáticamente dende o 18 de novembro ata o 3 de decembro. As bases e o impreso de solicitude xa están dispoñibles para consulta e descarga na web municipal.