Sin categoría

Un accidente entre dous turismos deixa dúas persoas feridas en Nigrán

Un accidente entre dous turismos deixa dúas persoas feridas en Nigrán. Os membros dos GES de Val Miñor excarceraron a unha das vítimas tras quedar atrapada no interior dun dos vehículos implicados.

Sucedeu sobre as catro e media desta tarde cando os vehículos circulaban ao seu paso por Nigrán, pola EP-2102, punto quilométrico 4, á altura de Camos. Foi a Policía Local quen, a esa hora, informou ao 112 Galicia dun choque entre dous turismos na estrada que unes Camos e Vincios e, posiblemente, cunha persoa atrapada.

Desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Porriño, de Vigo e aos membros do GES de Val Miñor. Tamén foron informados os axentes de Tráfico e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os membros do GES confirmaron ao 112 a excarceración dunha das persoas que resultaran feridas.