A escritora Iria Misa presenta este venres, 17 de novembro, ás 19:30 horas, o seu libro “Unha veciña de película”, no Multiusos Mercado de Sabarís. O evento está aberto a toda a veciñanza ata completar aforo. Esta actividade forma parte da programación “Baiona Lila”, organizada polo Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que trae consigo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar contra a violencia á muller no Concello de Baiona.
Iria Misa presenta o seu libro “Unha veciña de película” no Multiusos Mercado de Sabarís

