O Liceo Marítimo de Baiona organiza o vindeiro sábado día 18 a primeira Xornada Micolóxica. Esta Xornada consta de dúas actividades. A primeira será unha charla, que comezará ás 9:30 horas no salón do Liceo, na que se dará unha introdución sobre os cogomelos. A segunda consistirá nunha saída ao monte en coches para a recollida e identificación dos cogomelos recollidos.
Contarán para guiar esta actividade coa colaboración de Marcos Lago, profesor de bioloxía do IES Primeiro de Marzo. Esta actividade está aberta á participación de calquera persoa, non é necesario que sexa socia do Liceo. Para máis información poden chamar ao teléfono 653757614 ou no mail liceodebaiona@gmail.com.

