A fachada do Concello de Baiona ilumínase de cor azul con motivo do Día Mundial da Diabetes. Desde o Concello de Baiona queren mostrar o seu apoio aos enfermos desta doenza e ás súas familias. “Un día no que aproveitamos para dar visibilidade á diabetes e a Anedia Galicia, que convive con ela durante todo o ano, día tras días, hora tras hora”.
Baiona ilumínase de azul polo Día Mundial da Diabetes

