No Multiusos Mercado de Sabarís o día 16 de novembro ás 11:00 horas vaise celebrar o acto da entrega dos premios do Primeiro Concurso de Debuxo convocado pola Asociación de Veciños Castro e Ladeira coa participación dos alumnos do CEP Sabarís. O acto estará presidido polo Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, o Concelleiro de Cultura e as Concelleiras de Educación e Política Social e Asociacionismo.
Os traballos presentados mostran un nivel extraordinario, por iso, desde o colectivo veciñal invitan a toda a sociedade sabaricense a desfrutar de este día, cando aproveitarán a ocasión para agradecerlle ao Concello de Baiona polo seu Patrocinio e á CCMM de Sabarís pola súa colaboración organizativa, así como a todas as asociacións, empresas e comercios que colaboraron desinteresadamente para que este día fora unha realidade.
Será un gran día para Sabarís, perla da marisma da Foz do Miñor, protectora dos castros, das ladeiras e da mariña miñorana, unha contorna máxica que hai que preservar e poñer en valor sempre guiados pola “Stela Dextroxira”.

