Sin categoría

Campamento musical en Parada para a ponte de decembro

A Escola de Música da Agrupación Musical Santiago de Parada do Concello de Nigrán, pensando na conciliación familiar das familias do Concello, organiza un campamento musical para o xoves 7 de decembro en horario de 9:00 a 14:00 horas, día non lectivo nos colexios coincidindo coa ponte de decembro. Así aprovéitase tamén a oportunidade de achegar a música aos máis cativos e dar a coñecer a escola de música.

O campamento está orientado a nenos e nenas a partir de 4 anos e faranse actividades musicais de todo tipo, xogos, cantar, bailar e tocar instrumentos musicais, cun custo de 10€. A matrícula para a escola segue aberta, para todos os públicos a partir dos 4 anos e seguindo por adultos. Poden contactar no teléfono 722651027, no correo electrónico amsantiagodeparada@gmail.com ou na escola os martes e xoves de 16:00 a 20:00 horas.