A programación “Baiona Lila”, organizada polo Concello de Baiona a través da Concellería de Igualdade con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero e que trae consigo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar contra a violencia á muller, continúa esta fin de semana con dúas actividades moi interesantes no Multiusos Mercado de Sabarís.
Así, este sábado, 11 de novembro, ás 12:00 horas, terá lugar o obradoiro “A sexualidade nace con nós, educamos dende a infancia”, impartido polo gabinete AMATURI dentro do Programa “Móllate coa Igualdade” organizado polo ANPA Belesar. A actividade é gratuíta e está aberta á participación de todas aquelas familias do municipio interesadas.
Do mesmo xeito, o domingo 12 de novembro, tamén ás 12:00 horas, Bea Campos ofrecerá o contacontos “Elas contan moito”.

