Lucenza – Ateneo de Nigrán organiza unha conferencia sobre cambio climático

Lucenza – Ateneo de Nigrán organiza este venres 10 de novembro ás 20:00 horas, na vella estación do tranvía da Ramallosa, unha conferencia titulada “Do cambio climático á emerxencia climática”, que será impartida polo profesor Pablo Meira Cartea.

O conferenciante é profesor do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela e conta cunha longa experiencia no ámbito da educación ambiental e a cultura da sostibilidade. Centra actualmente parte do seu traballo como docente e investigador no estudo das estratexias para unha abordaxe social das problemáticas do cambio climático que estamos a vivir.

Na conferencia analizarase este fenómeno como o maior reto socioambiental do século, e se contrastarán realidades científicas, percepcións sociais e negacionismos que existen na actualidade. Falarase tamén dos enfoques que a diferentes niveis nos poden permitir afrontar o problema e promover unha transición ecolóxica xusta, tanto a unha escala galega como global.

O conferenciante será presentado por Xabier Méndez Martínez, presidente do Ateneo de Nigrán.