Sin categoría

A Comisión de Festas de Vilaza organiza unha cea-baile

A Comisión de Festas de Vilaza organiza o vindeiro sábado 18 de novembro unha cea-baile amenizada polo trío D’Líder. O menú, cun prezo de 20 euros para os adultos e de 10 euros para os nenos de ata 12 anos, estará composto por sopa, carne ao caldeiro, bebida, sobremesa, café e chopo. As inscricións e reservas poden formalizarse ata o 14 de novembro nos teléfonos 687 653 798 (Soraya), 679 739 980 (Isa) e 626 653 783 (Carlos). O evento terá lugar no Centro Cultural de Vilaza.