Baiona acollerá a Gala da Vela Galega

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, reuniuse co alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e co presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde, co obxectivo de avanzar en proxectos de colaboración entre as tres entidades. Concretamente os dirixentes abordaron cuestións relacionadas coa Gala da Vela Galega que está previsto que acolla proximamente o concello pontevedrés de Baiona.