A Garda Civil detén a dúas persoas como supostos autores dun delito de estafa

O “Equipo @” no curso dunha investigación conxunta co “EDITE”, ambos os dous equipos dedicados á investigación de delitos tecnolóxicos da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, detén a dúas persoas veciños de Vigo de 20 e 23 anos de idade, como autores dun delito de estafa cuxo importe ascende a 5.500 €. A investigación deu comezo o pasado mes de maio cando a vítima, veciño de Cangas do Morrazo presentou denuncia pola compra dun computador persoal por un importe de 300 €, a través dun coñecido portal de compra venda en liña.

Na denuncia relata que se puxo en contacto co vendedor, e que tiña que efectuar o pago a través unha coñecida e popular plataforma de pagos. O denunciante realizou 29 transaccións, xa que, o vendedor dicíalle que non recibía a cantidade en pago, debido a que lle daba erro. O diñeiro obtido de forma fraudulenta era ingresado en dúas contas bancarias de diferentes titulares, ambos os dous detidos.

Os ciberdelincuentes utilizan a técnica do “bizum inverso”, que consiste en que os delincuentes envían solicitudes de cantidades de diñeiro a través desta forma de pago e, sen darse conta, estes aceptan o envío de diñeiro. Utilizando a plataforma Bizum, pódese tanto solicitar e enviar diñeiro, por iso é moi importante que aprendamos a diferenciar ambas as dúas operacións, para evitar estas estafas. As dilixencias son postas ao dispor do Xulgado de Garda de Cangas do Morrazo, os detidos quedaron en liberdade con cargos.