O Concello de Gondomar abrirá o seu cuarto “leira parking” con capacidade para 50 prazas, na rúa Manuel Losada, a tan só 43 metros da Praza Manuel Alonso que se pretende humanizar. “Deste xeito os 20 estacionamentos que perdemos na praza, serán trasladados a este novo parking, situado na mesma praza, gañando incluso 30 novas prazas de estacionamento”, destacou o alcalde, Paco Ferreira.
Gondomar creará 50 novas prazas de estacionamento



