Sin categoría

O sacerdote baionés Samuel Montes asumirá a cura pastoral da parroquia de Santiago de Bembrive

O sacerdote baionés Samuel Montes Costas asumirá a cura pastoral da parroquia de Santiago de Bembrive, vacante tras o falecemento do sacerdote Jesús Barros, o pasado mes de setembro. Con data do 30 de outubro de 2023, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro Fiuza, fixo público o novo nomeamento. Ademais da atención pastoral á comunidade de Bembrive, continuará coas súas outras responsabilidades diocesanas como delegado de Pastoral Xuvenil e Universitaria, delegado de Acción Católica Xeral e director espiritual do Seminario Menor “San Paio” de Tui. Tras a súa ordenación no ano 2015, foi vigairo parroquial de Nosa Señora das Neves, San Ignacio de Loyola e San Salvador de Teis; responsable da fase diocesana da consulta sinodal “Por unha Igrexa sinodal: Comuñón, participación e misión” e formador do Seminario Maior “San José” de Vigo. Tamén realizou estudos en Evanxelización e Catequeses na Universidade San Dámaso de Madrid.