Sin categoría

Teatro para bebés en Gondomar

Chega a Gondomar unha proposta innovadora e moi divertida, pensada para os máis pequenos e pequenas da casa (nenos e nenas de 0 a 5 anos). O Baúl da Tía Lola presenta este domingo 5 de novembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío “Tilintilonia”, un pequeno planeta habitado por dúas mulleres, (Tilín e Tilón cada unha co seu son). Elas descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música e onde o vento e a auga convértense en elementos de xogo.

Dous seres espertan en Tilintilonia a un mundo máxico no que descubrir novos sons e melodías, novas texturas, onde deixarse levar pola fantasía e os sentidos. Visualmente entramos nun mundo de fantasía grazas ás teas, e ao que estas suxiren, son teas que voan e forman parte do vento, ondulan como a auga, queiman coma o lume e nos acubillan coma a terra. As entradas, a un prezo de 2,5 euros, están á venda a través da taquilla electrónica do Concello de Gondomar.