Sin categoría

Baiona presenta “Baiona Lila” e inaugura a exposición “Ti contas, ti transformas”

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade, presenta este venres 3 de novembro ás 19:30 horas no Multiusos Mercado de Sabarís a programación “Baiona Lila” e inaugura a exposición “Ti contas, ti transformas”. Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona convídase á veciñanza baionesa a coñecer con detalle este venres a programación “Baiona Lila”, organizada co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que trae consigo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar contra a violencia á muller no municipio.