Baiona continúa co ciclo de conferencias “A Mar de Historias”

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona continúa coa V edición do programa divulgativo “A Mar de Historias”, unha serie de conferencias que pretende un formato flexible e aberto ao público nunha cita co autor e o seu relato, contado de forma atractiva e interesante. A flexibilidade céntrase na diversidade de temáticas tratadas: arquitectura, arqueoloxía, historia, turismo mariñeiro… e toda obra cultural relevante para a Vila susceptible de incrementar o coñecemento e aprecio das mesmas. A segunda delas terá lugar este venres, 3 de novembro, baixo o título “O mar, os seus profesionais e a cultura marítima como recurso turístico”, a cargo de Pablo Mariño e Severino Casal, de Bluscus, turismo mariñeiro. Será ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Navegación de Baiona, con entrada libre ata completar aforo.