Sin categoría

“Os mundos de Coraline”, filme especial de Samaín en Nigrán

Concello de Nigrán e Cineclub Val Miñor Alice Guy ofrecen este mércores 1 de novembro ás 17:30 horas no Auditorio Municipal a película “terrorífica” de animación infantil “Os mundos de Coraline”, encadrada na programación especial de Samaín do Concello e dirixida a un público infantil a partir de 7 anos. A duración é de 97 minutos e a entrada é de balde ata completarse o aforo.

Baseada nunha novela de Neil Gaiman, narra a historia dunha nena que, ao atravesar unha parede da súa casa, atopa unha versión mellorada da súa vida: os seus pais son máis considerados con ela, pero as sensacións marabillosas darán paso ao medo e á angustia. Aclamada pola crítica como unha obra de referencia, foi nomeada no 2009 aos Oscar como mellor película de animación.