Baiona saca a concurso os postos baleiros da Praza de Abastos

Despois de cinco anos, desde 2018, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Mercados e Comercio, iniciou un novo procedemento para a concesión dos nove postos baleiros do Mercado Municipal de Abastos de Baiona. Os postos a ocupar son cinco peixarías, e outros catro inicialmente dedicados a charcutería, carnicería, froitería e florería, aínda que poderán ofrecer calquera outro tipo de produto compatible coas características do mesmo. Unicamente condiciónase a actividade nos casos da venda de peixe pola distribución e equipamento específico das bancadas.

O prezo do contrato ascende a 12.359,55 euros para cada un dos postos das zonas A e B, e 888,51 euros para os postos da zona C, mínimos que poderán ser mellorados á alza polos licitadores. A diferenza de prezos radica nos metros dos establecementos. As condicións de pago son flexibles, este canon poderase desembolsar de dúas formas, dunha soa vez ao comezo da concesión, ou de forma semestral, en xaneiro e xullo. As persoas poderán presentar as súas ofertas ata o 22 de novembro.

Na actualidade, están ocupados 6 postos por unha peixaría, unha charcutería-quesería e delicatessen, unha carnicería, un establecemento de froitas e produtos ecolóxicos, un posto de tortas e viños, e un restaurante-cafetería.

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, destaca que “a realización de actividades e cursos no baixo da edificación coñecido como Centro Multiusos Ángel Bedriñana así como do espírito dos placeiros e placeiras que actualmente están a explotar a Praza e a zona de restauración na que está situado o restaurante-cafetería, fan da praza un lugar de comercio activo, mercado de proximidade e punto de encontro, ideal para apostar por unha boa oportunidade para que as persoas emprendedoras anímense a iniciar un novo negocio en Baiona”.

O rexedor finaliza comentando que “a calidade dos produtos mantense aos ofrecidos en tempos pasados e a actividade modernizouse, con decoración e uniformes homoxéneos para ofrecer unha imaxe de marca aos consumidores, e coa instalación do resturante-cafetería no interior logrouse dinamizar o mercado como espazo de encontro social, seguindo a tendencia de numerosos mercados coñecidos a nivel nacional”.