
O pasado luns 23, sobre as 20:30 horas, unha dotación da USECIC (Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra) que se atopaba realizando servizo ordinario, é comisionada para atender un requirimento dun cidadán que cre ver a unha persoa nas inmediacións do monte, previsiblemente realizando unha actividade cinexética de forma furtiva. Unha vez na zona, localízase a unha persoa, subida a unha árbore, e en posición de espera cun arco profesional de frechas de caza, realizando a caza furtiva dun xabaril.
O cazador, un home de 44 anos, con domicilio en Ponteareas, indica que só quería cazar un xabaril para o seu consumo. Compróbase que carece de documentación da arma, así como de permiso de caza. Por iso comunícaselle que será denunciado á Lei 13/2013 de caza de Galicia. Tamén se procede á aprehensión e depósito da arma usada na Intervención de Armas e Explosivos da Garda Civil.