O próximo xoves día 26 de outubro ás 20:00 horas terá lugar, no Liceo Marítimo de Baiona, a presentación do libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos” de Roberto Mera. O acto será presentado por Montse Rodríguez.
O IEM pecha o mes da memoria coa proxección das curtametraxes “Na pel da Memoria” e “Dores” de Coral Piñeiro e Laura Piñeiro. O acto terá lugar o venres 27 de outubro ás 20:00 horas no local do IEM. Laura e Coral Piñeiro son dúas irmás de 25 anos graduadas en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Laura especializada en Montaxe Cinematográfico pola Escuela Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya.
Despois de realizar a súa primeira curtametraxe documental “Dores”, seleccionada na categoría DocsU do DocsBarcelona e premiada polo público no OUFF (Ourense Film Festival), dirixen parte da súa carreira ao achegamento do pasado e a memoria histórica ás novas xeracións, creando a Asociación Memoria e Cinema e coa súa segunda peza “Mariví, na pel da memoria”, premiada como mellor documental deno-ficción no Festival de Cans.

