Sin categoría

Baiona intensifica os labores de mellora e acondicionamento no Cemiterio Municipal

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, está a ultimar os preparativos de cara ao 1 de novembro, Día de Todos os Santos, e o 2 de novembro, Día dos Defuntos, no Cemiterio Municipal.

Nestas semanas previas intensifícanse os labores de mellora e acondicionamento que se realizan durante todo o ano para garantir que o camposanto estea a punto e que os veciños poidan honrar aos seus seres queridos nunha data tan sinalada.

En relación aos traballos levados a cabo consisten no decapado das beirarrúas do camposanto actuando para erradicar a sucidade máis incrustada. Os traballos de limpeza están a levarse a cabo coa axuda de maquinaria especializada na limpeza destas características. Tamén se están levando a cabo diferentes traballos de xardinería.