Sin categoría

Un incendio provoca danos importantes nunha vivenda en Gondomar

Un incendio deixou danos considerables nunha casa de dous andares, na parroquia de Borreiros, en Gondomar, sen que se tivesen que lamentar danos persoais.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos axentes da Garda Civil, o lume calcinou por completo o primeiro andar da vivenda, aínda que non houbo que lamentar danos persoais, nin tampouco ás vivendas contiguas.

Foi a chamada dun particular ao 112 Galicia, a que alertaba de que estaba a arder unha habitación da vivenda. Os feitos ocorreron ao fío das 16:30 horas, no lugar A Bandeira.

Desde o 112 Galicia informouse de inmediato aos Bombeiros de Vigo e do Porriño, ao GES de Val Miñor, aos axentes da Garda Civil, á Policía Local e aos membros de Protección Civil de Val Miñor.

Os servizos de emerxencia, unha vez controladas as lapas e sufocado o incendio, confirmaron ao 112 Galicia que ardeu por completo o primeiro andar da casa.