Sin categoría

Labores de limpeza e desinfección en todos os contedores de Baiona

O Concello de Baiona emprendeu un plan de limpeza e desinfección para arrombar todos os contedores de lixo do municipio desinfectándoos con auga e lixivia mediante unha mangueira a presión. Desde a Concellería de Medio Ambiente impulsouse esta acción como medida suplementaria e moi necesaria, xa que estes lugares tamén adoitan ser en ocasións foco de insalubridade cando determinados veciños deixan os residuos fóra dos contedores, bótanos dentro do contedor sen bolsa ou coa bolsa aberta.

A limpeza e desinfección de todos os contedores do municipio é un dos traballos que realizan estes días os operarios dunha empresa contratada para tal fin. Este labor realizouse cun vehículo especializado que permitiu a limpeza exhaustiva de cada un dos contedores de toda a localidade de Baiona. Grazas ao vehículo e ás ferramentas especializadas, estase realizado unha limpeza con maior profundidade, tanto da superficie como do interior dos contedores.

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, valorou esta actuación “como algo necesario para que a nosa localidade poida estar nas mellores condicións hixiénicas e así poder evitar problemas relacionados coa sucidade dos contedores e a acumulación de lixo no interior, xa que poden converterse nun foco de infeccións debido a que presentan un ecosistema perfecto para microorganismos e insectos. O Concello continúa co seu labor de adecuar e manter o noso pobo nas mellores condicións posibles”.