Sin categoría

Charla en Nigrán sobre os servizos de atención ás persoas maiores en Galicia

Mañá venres, 20 de outubro, Modepen Miñor organiza unha conferencia en Nigrán para falar dos servizos de atención ás persoas maiores en Galicia: residencias, SAF… O relator será o membro de Modepen Francisco L. Vázquez Vizoso, epidemiólogo, especialista en Medicina Preventiva e Saúde, ex Xefe do Servizo de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario de Pontevedra, cunha ampla experiencia na atención sanitaria. Terá lugar no Auditorio municipal ás 20:00 horas.