Sin categoría

Teatro para toda a familia en Gondomar coa obra “A illa da deslembranza”

A obra “A illa da deslembranza” chega ao Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar o sábado 21 de outubro ás 19:00 horas da man da compañía Ártika. A representación enmárcase dentro do ciclo “Tornar ás Táboas” da Deputación de Pontevedra. A entrada será gratuíta ata completar aforo.

Os recordos da avoa de Uxía van e veñen como as ondas do mar e o seu ollar mesmo parece perderse nun océano profundo. Que lle está a pasar? Como Uxía, unha nena de dez anos pode axudar a recuperar eses recordos ou, tal vez, acabarán todos na illa da deslembranza?

“A illa da deslembranza” da compañía Ártika é un traballo creado a base de metáforas e gran forza visual que achegará aos máis cativos un tema tan importante como o alzhéimer. Iso si, este achegamento farase dun xeito fermoso e suxestivo. Unha obra dirixida principalmente a un público infantil pero que axudará tamén a que os máis maiores se acheguen a esta enfermidade dende o punto de vista dunha nena.