Sin categoría

O CB Nigrán presenta os seus equipos para a nova tempada

O Club Baloncesto Nigrán celebrará o vindeiro domingo día 22 de outubro, ás 12:00 horas e no Pavillón de Panxón, aos equipos para a nova tempada 2023/2024. O club de Nigrán presentará un total de 11 equipos que participarán en todas as categorías, dende a baby ata a sénior.

É unha auténtica festa do deporte que, segundo sinala o propio CB Nigrán “é o pistoletazo de saída para que os equipos comecen as súas respectivas competicións” tras a disputa, nestas últimas semanas, dos partidos amigables de pretempada que organizou a dirección deportiva do club que encabeza Nuria Gómez.

Ao acto están invitadas as diferentes entidades sociais, culturais, deportivas e educativas de Nigrán, así como diferentes responsables políticos.