Sin categoría

Baiona imparte un obradoiro informático gratuíto para maiores de 55 anos

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclama que do 24 ao 31 de outubro de cada ano celébrase a Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional. Desde o Concello de Baiona o día 24 desde as 10:00 ás 12:00 horas no Multiusos Ángel Bendriñana impartirase un obradoiro informático para maiores de 55 anos. O aforo é limitado polo que é necesaria inscrición previa no teléfono 986385926. É imprescindible levar móbil ou tablet propio.