Sin categoría

Cae unha árbore sobre as randeeiras do Convento de Vilariño

Parte dunha das árbores situadas fronte ao Convento de Vilariño precipitouse na tarde deste luns sobre as randeeiras que se atopan na contorna. Debido ao mal tempo, non había nenos xogando nese momento, polo que non hai que lamentar danos persoais. A árbore caeu sobre a liña de Fenosa, nunha derivación que dá servizo a catro casas e á iluminación pública da Rúa Pais Franciscanos. Xa hai anos, outra árbore á beira deste precipitouse na estrada, rompendo un poste de electricidade. Ata o lugar desprazouse o GES do Val Miñor.