Despois duns anos de comezar a súa andaina no 2011, ao Grupo de Teatro A Moura do Centro Cultural A Merced de Chaín ocorréuselle a idea de representar o seu traballo cun propósito especial, ademais de facer que o público pasara un bo intre (as súas obras son de humor). Pensaron en facer unha representación cobrando entrada e doar o recadado a modo benéfico. Xa levan 3 obras representadas con carácter benéfico e o vindeiro 29 de outubro, volverán facelo.
Representarán a obra “O vestido de noiva”, ás 18:00 horas no Auditorio do Centro Cultural de Beade, en Vigo, con 340 butacas e un donativo mínimo de 5 euros. O donativo será íntegro para a Asociación Bicos de Papel, que se dedica a axudar a familias de nenos enfermos oncolóxicos que reciben o seu tratamento na Área Sanitaria de Vigo. Ademais haberá unha fila 0 para os que queiran colaborar pero non poidan estar na representación.
Puntos de venda dispoñibles no Centro Cultural A Merced de Chaín, a Oficina de Bicos de Papel (Rúa Coruña 24, 4ºC-Vigo) e na web http://www.bicosdepapel.org.

