O Concello de Baiona, a través da Concellería de Política Social, organiza en colaboración co Baíña F.S. e coa AECC (Asociación Española contra o Cancro) un acto polo Día Mundial Contra o Cancro de Mama. Este mércores 18 de outubro ás 17:00 horas na Praza do Concello se levará a cabo unha concentración rosa contra o cancro de mama. Desde o Concello de Baiona convídase á veciñanza a participar neste acto con algunha peza de cor rosa.
Tamén está prevista a actuación do grupo de danza “Giro’s Baíña”. Durante esta xornada de tarde está prevista a instalación dunha mesa informativa por parte da Asociación Española contra o Cancro, onde Loreto Puente (Psicóloga de AECC) informará á veciñanza dos servizos que ofrece a asociación. Así mesmo, poderanse facer donativos e comprar artigos de “merchandising”. Todo o diñeiro recadado destinarase á Asociación Española Contra o Cancro.

